martes, 25 de agosto de 2009

Volta en setembro!!!

O verán xa rematou e nós xa estamos de volta coas pilas recargadas!! Aqui deixamos un avance do que faremos:

CENA PRIMER ANIVERSARIO NÓS MESMAS

Pois si, pois si...despois dun aniño de andanza por estes mares (tempestuosos as máis veces) do mundo bollotronic e redores, xuntaremonos nunha ceiña o día 26 de setembro (sábado sabadete), na tapería Puerto Rico, e quedamos ás 22h na Praza de España (mellor confirmar asistencia por mail o telefono 685475622 para a reserva)

"SOMOS MULLERES I"

Continuando coa fin de semana de convivencia en Panxón, dentro do programa "Tempo de Mulleres 2009" ofrecido pola Secretaría Xeral de Igualdade, ofertamos o siguiente módulo que ten por obxetivos:
- Recoñecer e coñecer como aprendemos a ser mulleres e homes na sociedade.
- Facilitar a adquisición das aptitudes necesarias para un mellor desenvolvemento persoal e social.

Contidos Formativos:
- O sistema sexo-xénero.
- O proceso de socialización
- Estereotipos e roles de xénero.
- Os axentes de socialización.
- O traballo produtivo e reprodutivo.
- A violencia de xénero: conceptos, tipos e causas.

Datas: 10 e 17 de Setembro---------17:30 a 19:30
22 de Setembro--------------19:30 a 21:30
Lugar de realización: Casa da Muller (Rúa Romil, 20)

A asistencia é gratuita, plazas limitadas. Para anotarse ou calquer cuestión escribir a aso_nosmesmas@hotmail.com ou no teléfono 685475622

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Exposición de pintura de Daniele Cabrera.

Dani sorprenderanos coa sua obra "Galicia en Cores" onde mostrará a súa particular visión da nosa terra galega, nosas cidades, costumes e paisaxes.

Datas: 21 de Setembro o 6 de Outubro (horario de L-V de 9:30 a 14h e de L-X de 17 a 20h)
Lugar: Punto Xove (Rúa Lopez de Neira, 27)

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Festa "Anti-Summer"

Despois do que puidimos ver coa "festa gai do año en Vigo" queremos boicotea-la mercantilización do colectivo, as festas homófobas e heterosexistas, creando algo noso, feito por nós e para nós.

A festa estase cocendo, e contaremos con Dj´s femeninas e moi bo ambiente (por suposto, sin roubos por entrar, nin espectáculos denigrantes).
Seguiremosvos informando!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario