lunes, 11 de mayo de 2009

Semana Contra a LGTB-fobia



Con motivo da celebración de Día mundial contra a LGTB-fobia, que celebrase o día 17 de maio estamos a organizar unha "Semana contra a Homofobia"está contará con:

Pelis+reflexión con cafeciño e todo de balde:
Luns 18---"Beautiful Thing" ás 18:30 na Casa da Muller (adolescentes gay)
Mércores 20---"Transamérica" ás 18:30 na Casa da Muller (transexualidade e maternidade)

Vénres 22---"Electroshock" ás 17:30 no Centro Cívico Casco Vello (lesbianismo no franquismo) moi moi interesante

Ponencia "Mulleres bisexuais e lesbianas: dereitos sociais e xuridicos" exposta por Elisabet Pérez Costas no II Foro Interxeracional "Vive e convive" que celebrase o Sábado 23 de 10 a 14h no Centro Civico Casco Vello.

Concentración e lectura de manifesto "A homosexualidade non é unha enfermidade: a homofobia sí!" o sábado as 19:30 na Praza da Princesa


Unha vez máis animadevos a participar, a coñecernos e acadar esa igualdade para o día a día!!Agradecemola difusión!

jueves, 7 de mayo de 2009

Mes de abril

Ás actividades realizadas no pasado mes de abril foron:


  • Pachangada fútbol--quedámos o 3/04 ás 18:00 na porta do hipermercado de Coia. E posterior retomada dos folgos perdidos.
  • Fin de semana na Residencia de Tempo Libre de Panxón--os días 18 e 19/04 estadía e comidas gratuítas, con animación e obradoiros, ademáis de dinámicas de grupo, senderismo (que o final foi en coche)...
  • Taller Sexo+Seguro para Xóvenes na Casa do Pobo de Beluso (Bueu)---25/04 coa colaboración da Asociación San Marcos de Beluso, destinado a rapazas e rapaces de 14 a 18 anos de calquera orientación sexual
  • Concentración e lectura de manifesto polo Día dá Visibilidade Lésbica--o día 29/04 ás 20h na Praza da Princesa, Vigo. Para facernos visibles na nosa cidade na 2ª edición deste marcado día
  • Ademáis esa mesma fin de semana participamos no V Congreso Anual da FELGTB en Madrid, coa asistencia de Xiana, presidenta, e Raquel como delegada área bisexualidade.

Podedes ver as fotografías dalgunhas destas actividades na sección de fotos, esperemos que vos gusten!! Pronto publicaremos as demáis.