domingo, 8 de noviembre de 2009

Actividades Novembro

Quedamos para xogar os Bolos....

O próximo venres 13 ás 23h quedamos no Areal Bowling para botar unha os bolos!!

-------------------------------------------------------------------------------------

Coloquio/Terapia grupal


O próximo vérnes 20 ás 20h na Casa da Muller (Rúa Romil, 20), este será un momento para compartir entre nós. Entre todas intentaresmo identificar cales son os factores qeu influyen na nosa visibilidade (de xeito persoal), cómo nos fan sentir e cómo podemos facer para cambiarlo dende a nosa situación.

-------------------------------------------------------------------------------------

Día contra a violencia contra ás mulleres, 25 de Novembro


Como parte da Marcha Mundial dás Mulleres na Galiza, participaremos nos actos previstos para este día que se celebrarán principalente frente o Museo Marco, na rúa Principe.

-------------------------------------------------------------------------------------

Faite visible!! Da a cara!!!

Estamos a facer un calendario para o 2010 ¿queres participar connosco como modelo???

Actividades Outubro

Actividades outubro!!!


"VIII Xornadas de Xóvenes contra a LGTBfobia"



¡¡¡¡¡IMPORTANTE!!!! Os días 23, 24, e 25 de outubro celebrarase en Seseña (Toledo) as VIII Xornadas de Xóvenes contra a LGTBfobia.

A inscripción remata este mércores día 7 de outubro.


As Xornadas xirarán en torno a 3 ponencias principais: "Introducción a historia de Xénero", "Feminismos e putros movementos sociais" e "A Folla de Ruta da Área Xoven" nas que todolos asistentes serán participes mediante diferentes grupos de traballo moi dinámicos.


---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
"Senderismo"


O próximo domingo 11, e se o tempo acompaña, realizaremos senderismo por Moaña.

Quedamos ás 12 (e algo xa que sempre tarda algunha) :) en Moaña no Porto, e saíremos de Vigo ás 11:30 dende o Centro Comercial A Laxe.
Quen se apunte que confirme xa que levaremos a comida entre todas e arreglamos os coches para non levar todas.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
"Torneo Wii"

Os días 13 e 15 faremos torneo do Wii sport, pasaremos un rato moi divertido e entretido, será na Casa da Muller ás 20h.
Entre todas invitaremos a unhas cañas a gañadora


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Bolos

Quedamos o sábado 24 para botar uns bolos na Bolera Areal ás 23h.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

martes, 25 de agosto de 2009

Volta en setembro!!!

O verán xa rematou e nós xa estamos de volta coas pilas recargadas!! Aqui deixamos un avance do que faremos:

CENA PRIMER ANIVERSARIO NÓS MESMAS

Pois si, pois si...despois dun aniño de andanza por estes mares (tempestuosos as máis veces) do mundo bollotronic e redores, xuntaremonos nunha ceiña o día 26 de setembro (sábado sabadete), na tapería Puerto Rico, e quedamos ás 22h na Praza de España (mellor confirmar asistencia por mail o telefono 685475622 para a reserva)

"SOMOS MULLERES I"

Continuando coa fin de semana de convivencia en Panxón, dentro do programa "Tempo de Mulleres 2009" ofrecido pola Secretaría Xeral de Igualdade, ofertamos o siguiente módulo que ten por obxetivos:
- Recoñecer e coñecer como aprendemos a ser mulleres e homes na sociedade.
- Facilitar a adquisición das aptitudes necesarias para un mellor desenvolvemento persoal e social.

Contidos Formativos:
- O sistema sexo-xénero.
- O proceso de socialización
- Estereotipos e roles de xénero.
- Os axentes de socialización.
- O traballo produtivo e reprodutivo.
- A violencia de xénero: conceptos, tipos e causas.

Datas: 10 e 17 de Setembro---------17:30 a 19:30
22 de Setembro--------------19:30 a 21:30
Lugar de realización: Casa da Muller (Rúa Romil, 20)

A asistencia é gratuita, plazas limitadas. Para anotarse ou calquer cuestión escribir a aso_nosmesmas@hotmail.com ou no teléfono 685475622

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Exposición de pintura de Daniele Cabrera.

Dani sorprenderanos coa sua obra "Galicia en Cores" onde mostrará a súa particular visión da nosa terra galega, nosas cidades, costumes e paisaxes.

Datas: 21 de Setembro o 6 de Outubro (horario de L-V de 9:30 a 14h e de L-X de 17 a 20h)
Lugar: Punto Xove (Rúa Lopez de Neira, 27)

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Festa "Anti-Summer"

Despois do que puidimos ver coa "festa gai do año en Vigo" queremos boicotea-la mercantilización do colectivo, as festas homófobas e heterosexistas, creando algo noso, feito por nós e para nós.

A festa estase cocendo, e contaremos con Dj´s femeninas e moi bo ambiente (por suposto, sin roubos por entrar, nin espectáculos denigrantes).
Seguiremosvos informando!!!

viernes, 17 de julio de 2009

kedada Venres 17 de xullo!

Boas chicas!

Xa facia tempo que non andabamos por estes lares!

Así que xa sabedes, animadevos a vir esta noite de kedada, dende as 00-00:30h na Praza do Mirador (cruceiro de viños).

Que xa fai tempo que non nos xuntamos e temos moito que falar, rirnos e saír de festa rachada este verán!!!

Vemonos! moitos bicos

miércoles, 17 de junio de 2009

Cenita para celebrar a chegada do VERÁN


Este sábado día 20, quedamos para cear e ir de festa (por supostiiiiiiisimo)



Ónde: A Pita Tola (en vinos, o baixala costa da praza do Mirador, onde o cruceiro)


A que hora: quedamos ás 21:45h na Praza do Mirador


Que cearemos: entrantes chourizos o viño, xamón e lacón. E de prato albóndigas con pure. De postre cañitas e chupito. De beber viño e sangria


Cánto: 12,50€


Quen falte por confirmar que fagao XA e aumentámola reserva!!!! pero xaaaaaaa, mañan ás 9 pechase a cota.

martes, 9 de junio de 2009

Xuño: Resumo reunión sábado 6

1-Subvencións para entidades sen ánimo de lucro de promoción da muller e para a realización de actividades socioculturais, para o feito no ano 2009. Propostas e ideas: 

-Exposición audiovisuais: fotografía, video, pintura, cómic...Por Poto, Tania, Danielle e Virgi.
Queda por concretar tema, medios, presuposto, temporalización...
-Mostra de cortos en exposición ou canle da televisión local. A concretar, esta idea quedou no aire.
-Orgullo LGTB, tamén entrará dentro da subvención.
-Foro "Experiencias de vida" con invitadas como Isabel Quintairos ou Laura Bugallo (só é unha idea, hai que falar con ponentes, disponibilidade...) 

2-Orgullo en Vigo: presentación actividades, presuposto, difusión...

-Actos: Animación infantil
          Concentración e lectura de manifiesto con tamborileiros 
          Festa no Plaff

Comenza ás 17:30 na Praza da Constitución o Sábado 27,  haberá unha mesa de información e comenzará a animación infantil, baseandonos no ano da igualdade nas escolas queremos achegar ós máis pequenos e os seus pais e nais a realidade LGTB, realizaremos actividades para os máis pequenos, con pintura de caras, globoflexia, debuxos, contos e unha pancarta para colorear...ata as 20 horas que, coa animación dun grupo de tamborileiros (se é posible) animaremos a nosa concentración e lectura do manifesto có que daremos por finalizada a tarde.

Pola noite festa no Plaff, con DJ (a concretar tipo de música) regalos, xogos  e sorteos.

Realizaránse diversas pancartas para decorala praza e para a concentración, así como bandeiras, guirnaldas...
Na mesa de información contarase, ademáis, con venta de chapas, pegatinas e camisetas (diseño de Danielle) para conseguir algún ingreso. 

Realizarase días antes difusión con pegada de cartaces (Danielle encargase de realizalo diseño) e repartición de Flyers (idea de Tania: repartir los flyers regalando un preservativo o mesmo tempo)

Solicitarase os locais do casco vello colaboración económica para a financiación dos cataces e flyers 

Para poder llevar a cabo todo, solicitarase ás chicas por entre todas un bote, có que poder mercar os materiais.

3- Outras actividades que se propoñen: casa rural (con mascotas :))


Bueno isto foi casi todo, quen non asisitiu e quera dar súa opinión ou colaborar como voluntaria para axudarnos có orgullo, xa sabe como contactar.

lunes, 11 de mayo de 2009

Semana Contra a LGTB-fobia



Con motivo da celebración de Día mundial contra a LGTB-fobia, que celebrase o día 17 de maio estamos a organizar unha "Semana contra a Homofobia"está contará con:

Pelis+reflexión con cafeciño e todo de balde:
Luns 18---"Beautiful Thing" ás 18:30 na Casa da Muller (adolescentes gay)
Mércores 20---"Transamérica" ás 18:30 na Casa da Muller (transexualidade e maternidade)

Vénres 22---"Electroshock" ás 17:30 no Centro Cívico Casco Vello (lesbianismo no franquismo) moi moi interesante

Ponencia "Mulleres bisexuais e lesbianas: dereitos sociais e xuridicos" exposta por Elisabet Pérez Costas no II Foro Interxeracional "Vive e convive" que celebrase o Sábado 23 de 10 a 14h no Centro Civico Casco Vello.

Concentración e lectura de manifesto "A homosexualidade non é unha enfermidade: a homofobia sí!" o sábado as 19:30 na Praza da Princesa


Unha vez máis animadevos a participar, a coñecernos e acadar esa igualdade para o día a día!!Agradecemola difusión!

jueves, 7 de mayo de 2009

Mes de abril

Ás actividades realizadas no pasado mes de abril foron:


  • Pachangada fútbol--quedámos o 3/04 ás 18:00 na porta do hipermercado de Coia. E posterior retomada dos folgos perdidos.
  • Fin de semana na Residencia de Tempo Libre de Panxón--os días 18 e 19/04 estadía e comidas gratuítas, con animación e obradoiros, ademáis de dinámicas de grupo, senderismo (que o final foi en coche)...
  • Taller Sexo+Seguro para Xóvenes na Casa do Pobo de Beluso (Bueu)---25/04 coa colaboración da Asociación San Marcos de Beluso, destinado a rapazas e rapaces de 14 a 18 anos de calquera orientación sexual
  • Concentración e lectura de manifesto polo Día dá Visibilidade Lésbica--o día 29/04 ás 20h na Praza da Princesa, Vigo. Para facernos visibles na nosa cidade na 2ª edición deste marcado día
  • Ademáis esa mesma fin de semana participamos no V Congreso Anual da FELGTB en Madrid, coa asistencia de Xiana, presidenta, e Raquel como delegada área bisexualidade.

Podedes ver as fotografías dalgunhas destas actividades na sección de fotos, esperemos que vos gusten!! Pronto publicaremos as demáis.