martes, 16 de marzo de 2010

Actividades mes de Marzo

5 de Marzo____vemonos ás 19h na Casa da Muller (Romil 20) para facela pancarta para a manifestación do Día Internacional da Muller.

8 de Marzo____quedamos ás 19.45h na Rúa Urzaiz a altura do Centro Xogo, para ir xuntas a manifestación do Día Internacional da Muller, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres, plataforma na que participamos activamente.

20 de Marzo____Senderismo por Redondela, e cas cadelas e cans!!!! quedamos o sábado as 12h na Laxe (centro comercial) para sair xuntas, en canto o xantar, cada unha ocuparase de levar a súa comida e bebida.

27 de Marzo_____Obradoiro "UNHA MIRADA PROPIA" o obxetivo é crear un espazo de análise sobre a situación persoal e social que vivimos as mulleres lesbianas na actualidade, analizando influencias históricas, prexuízos, xénero, etc... que influiron na nosa construcción como persoas, na autoestima, na visibilidade....Analizar e ser conscientes disto é unha ferramenta para o cambio.


Horario e lugar de celebración: de 10.30h a 20h, no Centro Sociocomunitario de Coia (detrás do Paveión de deportes de Coia) (quedaremos no Alcampo as 10h para quen non sepa chegar, SEDE PUNTUAIS!!)
Xantaremos todas xuntas nun bar cercano (e baratiño) para continuar pola tarde.

E imprescindible enviar a folla de incripción a aso_nosmesmas@hotmail.com