jueves, 18 de octubre de 2012

Actividades outubro e novembro:

OUTUBRO:

18, xoves: 
19.30h Entrega premios I Certame Relato Curto "Muller e ponderada!", lugar: local Nós Mesmas
20h-21.30h Café reflexión/tertulia situación política na Galiza. Cara onde vamos?, lugar: local Nós Mesmas

19, vénres: 
19.30h-21.30h Cineforum "A soldier`s Girl". Actividade organizada con motivo do Día de Acción pola Despatoloxización TRANS. Lugar: local Nós Mesmas



26, vénres:
19.30h-21.30h Obradoiro ¿Que é "ser unha muller"? ¿Qué é "que che gusten as mulleres"? Impartido por Xiana GF, lugar Casa da muller (rúa Romil, 20) libre asistencia e de balde.


30, martes:
18.30h Curso Control das emocións e resolución de conflitos. 
Organizado por Nós Mesmas, ofertado pola Deputación de Pontevedra. Lugar: local Nós Mesmas
Custo 6€ (prezo imposto e cobrado por e para a Deputación de Pontevedra).
Temario e inscrición en breve. 
Días: martes 30 de outubro, todos os martes de novembro e martes 4 e 11 de decembro. Xornada final intensiva o sábado 15 de decembro.
30 horas


NOVEMBRO:

2, vénres: 
21.30h Cea primeiro venres de mes. 
Co fin de pasar un bo rato, darlle bo uso ao local e coñecernos, organizamos estas ceas que trataremos que se repitan todos os primeiros venres de mes, como actividade estable.
O menú está por concretar aínda (acéptanse suxestións!), pero incluirá unha bebida e un chupito licor por 6€, lugar: local Nós Mesmas
Precisamos confirmación asistencia a nosmesmas@felgtb.org en asunto "cea primeiro venres de mes"

5, 7, 12, 14, 19 e 21, luns e mércores:
19.30-22h Curso "Relacionándonos en Lingua de Signos"
A través de este curso, aberto a calquera persoa
 que queira participar e aportar, achegarémonos á realidade e comunicación das persoas xordas.

Máis info e inscripción: 


3 e 10, sábado:
10h Posto no Mercadillo 2ª man do Casco Vello. Local: por concretar.
O fin é recadar fondos para o pago do aluguer, comezaremos por vender roupa de 2ª man en bo estado, se queres doar algo que pensas que nos pode valer, podes deixalo no local (ollo! non temos moito espazo! non nos traias todo o armario!)

9, vénres:
19.30-21.30h Peli segundo venres de mes.
Igual que as ceas, todos os segundos venres de mes e no mesmo horario, proxectaremos unha peli no local da asociación. Podedes propor que película ver dun mes para outro ou por correo nosmesmas@felgtb.org e plantexar as reflexións posteriores.
Custo: 3€ con bebida incluida.

15, xoves:
19.30h Convidadas a II Escola Feminista de Implicadas no Desenvolvemento.
En breve máis información.

17, sábado:
18.00h Convidadas a mesa redonda de colectivos locais feministas polo Círculo de Debate Feminista, lugar: Centro Social O Fresco, en Ponteareas.

Isto polo de agora!

O horario de apertura do local é: (pode haber modificacións, todo funciona con aportacións de tempo e esforzo voluntario)

Luns: 18.30 a 20h 
Mártes: 17.30 a 20h (ata 21.30h mentres dure o curso dos martes)
Mércores: 18.30 a 20h
Xóves: 11h a 13.30h
Vénres: 16.30h a 20h




jueves, 7 de junio de 2012

Orgullo 2012



Podes ver toda a información sobre as accións para o ORULLO LGTB 2012 na páxina principal do blog!!