miércoles, 12 de junio de 2013

Actividades Orgullo LGTB 2013 Vigo


Aquí tes todas as actividades, a inscrición e as dirección de onde se realizan as actividades (clicando no nome do lugar te reconduce) que dende Nós Mesmas realizamos este ano polo Orgullo LGTB en Vigo, para máis info ou dúbidas contactade en nosmesmas@felgtb.org 


Domingo 23_Ruta de Senderismo polas "Almiñas e do Foxo do Lobo" en Pontecandelas, saída ás 11h, punto de encontro a ponte de Laxe.

Martes 25_Obradoiro Liderazgo ás 18h no Centro Social Lume! Impartido por 30K Coaching 

Mércores 26_Obradoiro "Risa a ladridos" obradoiro de risoterapia asistida con cans de terápia. ás 20h na Casa das mulleres. Impartido por Terapia Con.tacto
Xóves 27_Mesa informativa e graffiti pola diversidade, na Farola de Urzaiz ás 18.30h

Vérnes 28_"O xénero na construcción da sexualidade" Conversas con Teresa Moure, Beatriz Suárez e Alfredo Saborido. Ás 18h na Federación Eduardo Chao

Sábado 29_ Contacontos "Unha parella diferente" ás 12h na Biblioteca Pública Nodal

                  Manifestación "Liberdade sen recortes" saída ás 19.30h dende a Farola de Úrzaiz

                  Concurso/Maratón Fotográfico durante a manifestación e a festa.

                  Festa Diversa, ao rematar a manifestación na Praza da Pedra.


Precisamos voluntarixs para a mani e a festa, se te apetece participar ponte en contacto con nós!

Agradecemos a colaboración a:

 

 

jueves, 18 de abril de 2013

Actividades abril Día Visibilidade Lésbica


Xoves 18 ás 19 no Sireno_ Bicada Lésbica e despois quedada no local para unhas cerveciñas ;)
Mércores 24 ás 19.30 no local de Nós Mesmas (Porta do Sol, 11 Bis, 1º) Proxección filme Lésbico "Si las paredes hablasen 2"
Venres 26 na Casa da Muller (rúa Romil, 20) ás 19h proxección video Bollera e Visible! (gravado na bicada) 
ás 19.30h obradoiro-merenda "...e que facemos agora? Activismo lésbico en Vigo"
Domingo 28 ás 10.30h Senderísmo pola Ruta dos Muiños de Riomaior. (incribete por mail: nosmesmas@felgtb.org)

Todas as actividades son abertas a participación e de balde!!

jueves, 7 de febrero de 2013



jueves, 18 de octubre de 2012

Actividades outubro e novembro:

OUTUBRO:

18, xoves: 
19.30h Entrega premios I Certame Relato Curto "Muller e ponderada!", lugar: local Nós Mesmas
20h-21.30h Café reflexión/tertulia situación política na Galiza. Cara onde vamos?, lugar: local Nós Mesmas

19, vénres: 
19.30h-21.30h Cineforum "A soldier`s Girl". Actividade organizada con motivo do Día de Acción pola Despatoloxización TRANS. Lugar: local Nós Mesmas



26, vénres:
19.30h-21.30h Obradoiro ¿Que é "ser unha muller"? ¿Qué é "que che gusten as mulleres"? Impartido por Xiana GF, lugar Casa da muller (rúa Romil, 20) libre asistencia e de balde.


30, martes:
18.30h Curso Control das emocións e resolución de conflitos. 
Organizado por Nós Mesmas, ofertado pola Deputación de Pontevedra. Lugar: local Nós Mesmas
Custo 6€ (prezo imposto e cobrado por e para a Deputación de Pontevedra).
Temario e inscrición en breve. 
Días: martes 30 de outubro, todos os martes de novembro e martes 4 e 11 de decembro. Xornada final intensiva o sábado 15 de decembro.
30 horas


NOVEMBRO:

2, vénres: 
21.30h Cea primeiro venres de mes. 
Co fin de pasar un bo rato, darlle bo uso ao local e coñecernos, organizamos estas ceas que trataremos que se repitan todos os primeiros venres de mes, como actividade estable.
O menú está por concretar aínda (acéptanse suxestións!), pero incluirá unha bebida e un chupito licor por 6€, lugar: local Nós Mesmas
Precisamos confirmación asistencia a nosmesmas@felgtb.org en asunto "cea primeiro venres de mes"

5, 7, 12, 14, 19 e 21, luns e mércores:
19.30-22h Curso "Relacionándonos en Lingua de Signos"
A través de este curso, aberto a calquera persoa
 que queira participar e aportar, achegarémonos á realidade e comunicación das persoas xordas.

Máis info e inscripción: 


3 e 10, sábado:
10h Posto no Mercadillo 2ª man do Casco Vello. Local: por concretar.
O fin é recadar fondos para o pago do aluguer, comezaremos por vender roupa de 2ª man en bo estado, se queres doar algo que pensas que nos pode valer, podes deixalo no local (ollo! non temos moito espazo! non nos traias todo o armario!)

9, vénres:
19.30-21.30h Peli segundo venres de mes.
Igual que as ceas, todos os segundos venres de mes e no mesmo horario, proxectaremos unha peli no local da asociación. Podedes propor que película ver dun mes para outro ou por correo nosmesmas@felgtb.org e plantexar as reflexións posteriores.
Custo: 3€ con bebida incluida.

15, xoves:
19.30h Convidadas a II Escola Feminista de Implicadas no Desenvolvemento.
En breve máis información.

17, sábado:
18.00h Convidadas a mesa redonda de colectivos locais feministas polo Círculo de Debate Feminista, lugar: Centro Social O Fresco, en Ponteareas.

Isto polo de agora!

O horario de apertura do local é: (pode haber modificacións, todo funciona con aportacións de tempo e esforzo voluntario)

Luns: 18.30 a 20h 
Mártes: 17.30 a 20h (ata 21.30h mentres dure o curso dos martes)
Mércores: 18.30 a 20h
Xóves: 11h a 13.30h
Vénres: 16.30h a 20h




jueves, 7 de junio de 2012

Orgullo 2012



Podes ver toda a información sobre as accións para o ORULLO LGTB 2012 na páxina principal do blog!!

martes, 16 de marzo de 2010

Actividades mes de Marzo

5 de Marzo____vemonos ás 19h na Casa da Muller (Romil 20) para facela pancarta para a manifestación do Día Internacional da Muller.

8 de Marzo____quedamos ás 19.45h na Rúa Urzaiz a altura do Centro Xogo, para ir xuntas a manifestación do Día Internacional da Muller, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres, plataforma na que participamos activamente.

20 de Marzo____Senderismo por Redondela, e cas cadelas e cans!!!! quedamos o sábado as 12h na Laxe (centro comercial) para sair xuntas, en canto o xantar, cada unha ocuparase de levar a súa comida e bebida.

27 de Marzo_____Obradoiro "UNHA MIRADA PROPIA" o obxetivo é crear un espazo de análise sobre a situación persoal e social que vivimos as mulleres lesbianas na actualidade, analizando influencias históricas, prexuízos, xénero, etc... que influiron na nosa construcción como persoas, na autoestima, na visibilidade....Analizar e ser conscientes disto é unha ferramenta para o cambio.


Horario e lugar de celebración: de 10.30h a 20h, no Centro Sociocomunitario de Coia (detrás do Paveión de deportes de Coia) (quedaremos no Alcampo as 10h para quen non sepa chegar, SEDE PUNTUAIS!!)
Xantaremos todas xuntas nun bar cercano (e baratiño) para continuar pola tarde.

E imprescindible enviar a folla de incripción a aso_nosmesmas@hotmail.com

domingo, 8 de noviembre de 2009

Actividades Novembro

Quedamos para xogar os Bolos....

O próximo venres 13 ás 23h quedamos no Areal Bowling para botar unha os bolos!!

-------------------------------------------------------------------------------------

Coloquio/Terapia grupal


O próximo vérnes 20 ás 20h na Casa da Muller (Rúa Romil, 20), este será un momento para compartir entre nós. Entre todas intentaresmo identificar cales son os factores qeu influyen na nosa visibilidade (de xeito persoal), cómo nos fan sentir e cómo podemos facer para cambiarlo dende a nosa situación.

-------------------------------------------------------------------------------------

Día contra a violencia contra ás mulleres, 25 de Novembro


Como parte da Marcha Mundial dás Mulleres na Galiza, participaremos nos actos previstos para este día que se celebrarán principalente frente o Museo Marco, na rúa Principe.

-------------------------------------------------------------------------------------

Faite visible!! Da a cara!!!

Estamos a facer un calendario para o 2010 ¿queres participar connosco como modelo???